Evento: De illas e sereas

De illas e sereas
luns, 16 novembro, 2020 - 18:00
Evento online,
Santiago de Compostela

De illas e sereas

Presentación do libro das integrantes do Grupo de Investigación de Estudos Audiovisuais da USC.

Neste terceiro volumen da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, publicado polo Grupo de Estudos Audiovisuais en colaboración coa Editorial Galaxia, as autoras e autores analizan os filmes galegos que chegaron ás pantallas no último ano ou aqueles que están aínda en construción, xunto con aquelas pezas que adoitan pasar desapercibidas para o público por navegar fóra dos roteiros máis transitados, buscando outras formas de expresión.

A catedrática da Universidade de Santiago Margarita Ledo Andión coordina de novo esta exploración na que tamén participan «á marxe de servidumes académicas e desde a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas» Fernando Redondo Neira, Cibrán Tenreiro Uzal, Alberte Pagán, Antía López Gómez, José Luis Castro de Paz, Pablo Súarez-Mansilla e Marta Pérez Pereiro.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

250530_cartel_negueira
O monte é noso
30 de maio
Local social de Negueira de Muñiz
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense