Evento: Autodefensa ciberfeminista
Autodefensa ciberfeminista
O Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista ten por obxectivo formar a mulleres, especialmente ás pertencentes a asociacións e colectivos feministas e tamén ás mozas do Consello da Muller Nova, sobre as estratexias de autodefensa, empoderamento e denuncia das violencias machistas nas contornas dixitais.
A autodefensa na rede é un xeito de responder ante as violencias que nela se reciben, moi especialmente as mulleres. Se a ciberviolencia existe, é porque existe violencia no mundo real, e o que pasa na rede tamén forma parte do mundo real.
A autodefensa e o apoio colectivo ten como obxectivo responder a quen agreda e apoiar ás vítimas do acoso aproveitando a inmensa capacidade de Internet de crear redes de apoio e acompañamento.
Este obradoiro é un dos primeiros que se realizan con estas características en Galicia e estará dirixido por Andrea Momoitio de Pikara Magazine.
Horario: de 18.00 a 20.00 h.
Modalidade: online
Datas: 18, 19, 25 e 26 de novembro (dúas últimas semanas de novembro)
Prazas: 40
Prezo: gratuíto
Solicitudes: a partir do 10 de novembro en apuntate.pontevedra.gal