Evento: Campamento castrexo
Campamento castrexo
Esta actividade está impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España), para favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos de ata 12 anos de idades desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Terán preferencia as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Será obrigatorio cubrir e asinar debidamente o formulario descargable no noso perfil ou na nosa páxina web.
Tamén se pode recoller nas instalacións do museo.
1ª QUENDA: 30 XUÑO A 11 XULLO, 15 NENXS, 10 DÍAS
2ª QUENDA: 14 XULLO A 24 XULLO, 15 NENXS, 9 DÍAS (1 FESTIVO)
3ª QUENDA: 28 XULLO A 8 AGOSTO, 15 NENXS, 10 DÍAS
4ª QUENDA: 11 AGOSTO A 22 AGOSTO, 15 NENXS, 9 DÍAS (1 FESTIVO)
De luns a venres laborables de 9:00 a 14:00h
Máis información no teléfono: 982870160.
https://viladonga.xunta.gal/gl/novas/campamento-castrexo-2025
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo do Castro de Viladonga
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo do Castro de Viladonga
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo do Castro de Viladonga