Evento: Jon Braun
Jon Braun
Na obra a compañía Anita Marabillas articula unha pequena montaxe de monicreques a modo de western familiar que nos fala do valor do amor.
Sinopse:
No pobo dos pequenos indios vívese en alegría e felicidade, pero, de súpeto, a desgraza chegará ao seu pobo. Sen esperalo, o pequeno Jon Braun quedará só, pero, alí, na distancia, a súa irmá maior nunca o esqueceu, e nunca desistirá no seu esforzo por atopalo.
Jon Braun fálanos do valor que nos infunde o amor ante a desgraza.
A compañía Anita Marabillas mestura nos seus traballos o resultado da investigación na linguaxe dos monicreques, unha coidada estética e moito humor, para o goce de toda a familia. Nesta ocasión elixiron a Jon Braun, o famoso indio da canción de Imanol Urbieta, para falar dos vínculos entre irmáns que marcan as nosas vidas, nun western cheo de amor e aventuras.