Evento: Poetas di(n)versos: outono 2020
Poetas di(n)versos: outono 2020
Regresa ao centro Ágora a programación poética cunha nova edición do ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Novas citas mensuais reunirán a poetas de Galicia e do resto do mundo en encontros abertos e gratuitos á vez que unha libraría local ofrecerá os títulos das persoas convidadas.
Luns 26 de outubro: a guineano-palmeña Elsa López, gran matriarca da poesía canaria, reúnese cunha traxectoria galega de consagrada solidez e aderezada de premios, Ramón Caride
Luns 23 de novembro: Ángelo Néstore, dende Italia, e Ismael Ramos, dende Noia, son poetas mozos que coinciden en representar unha voz propia, renovación, novas masculinidades e unha admirable calidade literaria.
Luns 14 de decembro: a gran voz da literatura en asturiano de todos os tempos, Xuan Bello, dáse a man cunha das poéticas máis afinadas e resplandecentes da moza xeración galega, Míriam Ferradáns