Evento: Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social

Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social
martes, 17 novembro, 2020 - 18:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia organiza a XXII edición dos Encontros para a normalización lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG) Consello da Cultura Galega organiza a XXII edición dos Encontros para a normalización lingüística nas persoas e nos colectivos non galegofalantes de orixe, conscientes de que a integración lingüística é un factor indispensable de cohesión social. Unha integración que non será posible se non se ofrecen recursos axeitados nin se habilitan medios para que os non falantes dean adquirido a competencia necesaria na lingua propia de Galicia.

Avaliaranse os recursos dispoñibles, para vermos como se poden aproveitar e mellorar, para avanzarmos na súa modernización, diversidade e eficacia; nese marco, prestarase unha atención especial ao sistema Celga, por ser este o sistema de formación que se ofrece desde a Administración autonómica e requisito para a integración laboral dos migrantes. Escoitarase e aprenderase de varias experiencias xa realizadas, dentro e fóra de Galicia.

Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social - María López Expósito. Profesora dos Celga - Rosa Moreiras. SNL do Concello de Ames - Olga López. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal