Evento: Fillos do océano

Fillos do océano
mércores, 16 xuño, 2021 a domingo, 11 xullo, 2021
Centro Social do Edificio da Camposa,
Muxía

Fillos do océano

Homenaxe a todos os mariñéiros artesáns.

Fillos do océano é unha homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven do mar e para o mar; ámano, venérano e obteñen del todo o preciso para a súa supervivencia. Mais pretende tamén ser unha chamada de atención sobre a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia. Só así, conservando e respectando o medio natural, se manterán estas ancestrais culturas ligadas á pesca tradicional e artesanal.

Javier Teniente inicia o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que desenvolve o seu labor como fotógrafo de prensa durante varios anos, ata considerarse a si mesmo preparado para emprender o seu percorrido como reporteiro. Esta nova etapa levarao dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. As súas fotografías foron publicadas nalgunhas das revistas e xornais máis importantes de España, como El País Semanal, Geo, Interviú, Magazine de La Vanguardia, El Mundo ou Tiempo. Entre os anos 1998 e 2005 colaborou como fotógrafo coa ONG Médicos do Mundo e cubriu conflitos bélicos e catástrofes naturais en diferentes lugares do mundo, entre os que cómpre destacar os traballos realizados en Centroamérica (Furacán Mitch 1998), Kosovo (1999), Timor (1999), Iraq (2003), Haití (2004) ou o tsunami en Banda Aceh, Indonesia (xaneiro de 2005). Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de fotografía Humanitaria (2003 e 2005), ademais de recibir o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Xornalismo (2006).

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura