Evento: Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos

Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos
martes, 8 decembro, 2020 - 18:00
Museo do Mar,
Vigo

Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos

Peza infantil da man da compañía Teatro Avento Producións

Da man da compañía Teatro Avento Producións chega esta peza infantil e familiar finalista ao mellor espectáculo infantil nos XXIV Premios de Teatro María Casares 2020.

Sumándose á tendencia de amor polo culinario, a acción deste musical dirixido a público a partir de 3 anos de idade, desenvólvese na pastelaría de dona Remedios, onde Ana (Rocío Salgado) e Lito (Martín Maez) terán que chegar a un pacto para defender os seus intereses.

Polo camiño, e sempre en clave de comedia, irán transmitindo valores como a igualdade, a importancia do esforzo, a tolerancia ou o traballo en equipo. Ademais, o repertorio de cancións inclúe pezas destinadas a reforzar o léxico dos números ou as cores.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Enredadas
26 de xuño, 20:00
Sala Azul - Betanzos - A Coruña
Mulleres, ritmo e tradición
27 de xuño, 11:00
Casa da Cultura - Sandiás - Ourense
Enredadas
27 de xuño, 22:00
Local Social de Abelleira - Muros - A Coruña
Enredadas
4 de xullo, 21:30
Carballeira da Casa da Cultura - Outes - A Coruña