Evento: Vinde todas

Vinde todas
venres, 8 agosto, 2025 - 17:00
Área recreativa do río Vaa,
Malpica de Bergantiños

Vinde todas

Concerto de Carmela

O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado a sete pandeireteiras e, a través delas, a todas as mulleres que crearon e interpretaron poesía popular galega e transmitiron con ela a lingua propia de Galicia. A Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes súmanse á celebración con 4 concertos do espectáculo musical Vinde todas, de Carmela.

Carmela -Carme López, Sara Méndez e Camille Hedouin- é un proxecto musical que parte da tradición, das informantes e dos arquivos musicais, pero que a entende como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto actual a través de sons que viaxan desde as percusións ata referencias electrónicas.Trátase dunha proposta diferente no seu discurso tanto musical coma extramusical que sitúa a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.

O traballo Vinde todas persegue a visibilización das informantes e mestura o arranxo e interpetación musical coa investigación e análise etnomusicolóxica, pois os timbres e harmonías escóllense a través da comprensión dos usos e funcións primixenios das melodías.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

O rianxeiro
21 de xullo, 12:00
Casa da Cultura - Moraña - Pontevedra
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña
Enredada
25 de xullo, 19:30
Alameda - Marín - Pontevedra
Enredada
26 de xullo, 12:30
Praza do Mercado - Tomiño - Pontevedra