Evento: O Monte das Aras
O Monte das Aras
O Monte das Aras
Teatro de Ningures recrea a historia do Monte Facho cun texto de Santiago Cortegoso.
O público asistente terá que ir cambiando de escenario e seguindo os actores, que irán percorrendo todo este espazo dotado de singularidade histórica e paisaxística. A compañía iralles amosando un lugar que é máxico porque, dende a idade do bronce ata o século XIX, acolleu as ofrendas ao Deus Berobreo que lle ofrecían tanto os seus habitantes como viaxeiros chegados de todas as partes.
Reserva de entradas e máis información na Casa da Xuventude de Cangas