Evento: Construindo a transformación dixital da Pyme: Taller Lego® serious Play®

Construindo a transformación dixital da Pyme: Taller Lego® serious Play®
xoves, 26 novembro, 2020 - 10:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Construindo a transformación dixital da Pyme: Taller Lego® serious Play®

Actividade organizada por Amtega e IESIDE.

A tecnoloxía democratizouse. Deixou de ser un coto pechado ás grandes corporacións para converterse nunha ferramenta ao alcance de practicamente calquera empresa, independentemente do seu tamaño e sector.

Con todo, e a pesar da accesibilidade e as vantaxes que ofrecen os diversos avances tecnolóxicos, estes seguen sendo un gran descoñecido para moitas empresas. E mesmo moitas delas, aínda coñecendo estes avances seguen sendo reticentes á súa adopción. 

Para contribuír a paliar esta situación AMTEGA, da man de IESIDE, presenta o Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, un programa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e os seus directivos coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, e os beneficios e condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocios das pemes. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa