Evento: Centenario da publicación da Revista Nós

  • Centenario Nós
Centenario da publicación da Revista Nós
martes, 20 outubro, 2020 a mércores, 30 decembro, 2020
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Centenario da publicación da Revista Nós

Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica para conmemorar o centenario da publicación da Revista Nós: boletín mensual da cultura galega.

Mostra composta dos libros sobre un dos momentos literarios e creativos máis importantes de Galicia con figuras destacadas como Castelao, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Vicente Risco, Francisca Herrera Garrido... ; obras escritas polas autoras e autores, biografías, novelas ambientadas na época, películas, publicacións seriadas.

A mostra instalarase na sala de exposicións da Biblioteca situada no primeiro andar e poderase visitar no horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia