Evento: Día das Letras Galegas 2020. Carvalho Calero

Día das Letras Galegas 2020. Carvalho Calero
sábado, 3 outubro, 2020 a sábado, 31 outubro, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Día das Letras Galegas 2020. Carvalho Calero

Mostra bibliográfica infantil

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero (Ferrol,1910 - Santiago de Compostela, 1990). Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Por mor da crise sanitaria que impediu moitas actividades das que estaban programadas para conmemorar este día, a Real Academia Galega decidiu que se retomara en outubro a celebración das Letras Galegas de Ricardo Carballo Calero.

Nesta mostra recollemos unha selección de obras de Carvalho Calero e de outras e outros autores homenaxeados en anos anteriores.

Pódese visitar na sala infantil da biblioteca.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia