Evento: Homenaxe a Ennio Morricone coa Orquesta Clásica de Vigo

Homenaxe a Ennio Morricone coa Orquesta Clásica de Vigo
venres, 25 setembro, 2020 - 21:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Homenaxe a Ennio Morricone coa Orquesta Clásica de Vigo

Concerto dentro da 3ª edición do Festival Underfest Son Estrela Galicia.

Underfest Son Estrela Galicia presenta un proxecto traballado con moito agarimo xunto á ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO en colaboración co European Film Filharmonic Institute, no que máis de 50 músicos homenaxearán ao mestre ENNIO MORRICONE cunha selección das súas composicións máis emblemáticas.

Un percorrido pola obra do lendario compositor italiano no que se incluirán os temas principais de Cinema Paradiso, O bo, o Feo e o Malo, A Misión, Os Intocables, etc.

Ennio Morricone (Roma, 10 de novembro de 1928-ib.,  6 de xullo de 2020)? foi un compositor e director de orquestra italiano coñecido por compoñer a banda sonora de máis de cincocentas películas e series de televisión. Recibiu un Óscar honorífico en 2006 e gañou o Óscar á mellor banda sonora en 2016 pola cinta The Hateful Eight. En 2020 foille outorgado o Premio Princesa de Asturias das Artes, compartido co tamén compositor John Williams.

As súas composicións inclúense en máis de vinte películas galardoadas, ademais de realizar tamén pezas sinfónicas e corais. Destacan, entre outros, os seus traballos en películas do spaghetti western, da man do seu amigo Sergio Leone, como Por un puñado de dólares de 1964, A morte tiña un prezo de 1965, O bo, o feo e o malo de 1966 ou Ata que chegou a súa hora de 1968. Con todo, a súa obra estendeuse a multitude de xéneros de composición, converténdoo así nun dos compositores máis versátiles da historia do cinema e tamén dos máis influentes do século XX. As súas composicións para Days of Heaven de 1978, A misión de 1986 ou Cinema Paradiso de 1988 son catalogadas como auténticas obras mestras.

  • Ennio Morricone: 10 BSO inolvidables que son historia del cine

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
8 de xullo
Auditorio Municipal
Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia