Evento: Tour Vacanal

Tour Vacanal
sábado, 23 abril, 2022 - 21:00
Teatro Coliseo Noela,
Noia

Tour Vacanal

Música, ironía e humor galego.

Música, ironía, humor, talento e creatividade. DE VACAS non deixa a ninguén indiferente. O cuarteto -de tres voces (Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romeu) e unha guitarra (Guillerme Fernández)-  foi quen de atopar  un formato fresco e moi persoal, fascinante. Atrévense con case todo, transformando grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. A proba: Amodiño, a súa particular versión do Despacito que se fixo viral e xa ten máis de 500.000 visitas en Youtube. Desde as Spice Girls ata Lola Flores ou Rosalía.

Son catro vacas que rin e cantan. Puro deleite musical!

  • DE VACAS - AMODIÑO

Máis eventos de tipo Concerto

Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada