Evento: Ecoralia a lambona ecolóxica

Ecoralia a lambona ecolóxica
domingo, 20 xullo, 2025 - 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada,
Monterroso

Ecoralia a lambona ecolóxica

Espectáculo de música a cargo de Pakolas

Pakolas preséntanos o seu último libroQr “Ecoralia, a lambona ecolóxica” (CRAEGA Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, 2025) unha entrega das historias de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal

Nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais.

Ademais de Ecoralia, moitas personaxes poderedes coñecer neste novo traballo musical, como o seu compañeiro Mistín, o lucecú, que vivía no medio das flores amarelas de xestas empregadas para os  os seus conxuros. E, se Ecoralia era diferente ás demais meigas, Mistín era diferente aos demais lucecús, xa que tiña un semáforo no traseiro! Ramón o teixugo dispoñía do ultramarinos da vila. Sempre había alimentos coa etiqueta ECO de CRAEGA: froitas e legumes, leite, carne, ovos, mel e mesmo alimentos do mar. Os alimentos ecolóxicos sempre sentaban ben!. Tamén as tías Rosa e Mónica, dúas irmás xemelgas que coidaban das súas hortas coma ninguén. E por último Don Arsenio, que recollía unhas enormes mazás todo o ano! Como podía ser? Todas estas personaxes e historias poderás coñecer neste novo espectáculo rockeiro, e desvelar este misterio.

Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos,  a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Otros aires
25 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Maxicamente
26 de xuño, 20:00
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
Concerto
27 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Xira 25 aniversario
27 de xuño, 20:30
Auditorio Constante Liste - Teo - A Coruña