Evento: Memoria da melancolía
Memoria da melancolía
No outono de 2020 celebramos os 50 anos da publicación de Memoria da melancolía, autobiografía da escritora María Teresa León, publicada en Bos Aires pola editorial Losada.
O guitarrista e investigador tudense Samuel Diz tomou este texto coma narrativa no seu recente traballo discográfco, Memoria da melancolía, dedicado ás músicas da Xeración do 27, na súa meirande parte composicións inéditas.
Grazas ao fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, ofrece este repertorio nun concerto en que contará tamén coa participación de Yolanda Castaño e de Benxamín Otero, que intercalarán entre as pezas de guitarra a lectura de textos da autobiografía inspiradora da proposta de Samuel Diz.
Inscricións previas nos seguintes enderezos e teléfonos:
Museo de Belas Artes da Coruña
Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
Teléfono: 881 881 700
Fundación Granell
Correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.com
Teléfonos: 981 572 124 e 981 576 394