Evento: As lendas do Kamishibai / lendas galegas

As lendas do Kamishibai / lendas galegas
sábado, 10 outubro, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

As lendas do Kamishibai / lendas galegas

Sesión de narración oral con Juste Kamishibai

Peza de contacontos narrada a través do Kamishibai tradicional xaponés e o teatro de papel.

É unha peza con guión baseado en varias lendas e mitos tradicionais galegos. As lendas combinan a manipulación do teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), a técnica emaki (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e despregables pop-up, mesturados con revisións persoais do teatro de papel español e francés.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala.

É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola