Evento: O pescador de contos
O pescador de contos
Os ríos están cheos de contos e historias, un pescador de nome Pipo Papeiro coa axuda das nenas e nenos pescará historias no Sar e no Sarela, e no Ulla, no Miño, no Sil e no Lor para aprender a coidar dos tesouros que gardan as súas augas en fontes e fervenzas, charcas e lagoas …
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala.
É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.
En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.
A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.
Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.