Evento: Concertos do ciclo 'Camiño de Cantares'

  • Anxo M. Lorenzo presenta o ciclo 'Camiño de Cantares' con dous libros-cd e nove concertos en localidades da ruta xacobea
Concertos do ciclo 'Camiño de Cantares'
domingo, 27 setembro, 2020 - 19:00
Igrexa do Mosteiro de Santa María,
Oia

Concertos do ciclo 'Camiño de Cantares'

En espazos relixiosos de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago

'Camiño de Cantares' é un ciclo de música a través do cal se editan 2 libros-cd que serán interpretados en 9 concertos en espazos relixiosos de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago: Tui, Celanova, Santiago de Compostela, Padrón, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia.

 

1ª publicación: ‘Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII)’ e concertos a cargo do organista Joaquín Barreira:

  • Sáb 05/09 | Catedral de Tui | 20.00h
  • Ven 09/10 | Igrexa de San Rosendo (Celanova) | 19.30h
  • Sáb 10/10 | Capela das Ánimas (Santiago de Compostela) | 20.00h
  • Do 11/10 | Colexiata de Iria Flavia (Padrón) | 20.00h

 

2ª publicación ‘Libro III de Polifonía (séc. XVII-XVIII)’ e concertos dirixidos por Luís Martínez:

  • Sáb 12/09 | Catedral de Tui | 20.00h
  • Do 13/09 | Igrexa de Santo Tomás (Caldas de Reis) | 20.45h
  • Ven 25/09 | Igrexa de San Francisco (Ribadavia) | 20.30h
  • Sáb 26/09 | Santuario da Virxe da Barca (Muxía) | 20.00h
  • Do 27/09 | Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia | 19.00h

 

Organizado pola Asociación Ciclo de Música de Barcia de Mera, 'Camiño de Cantares' enmárcase en O teu Xacobeo, un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3