Evento: Coñecendo as nosas deportistas: Susana Rodríguez

Coñecendo as nosas deportistas: Susana Rodríguez
sábado, 1 agosto, 2020 a mércores, 30 setembro, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Coñecendo as nosas deportistas: Susana Rodríguez

Proxecto organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade.

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade, pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia