Evento: Mounqup

Mounqup
domingo, 13 setembro, 2020 - 20:30
A Arca da Noe,
Ourense

Mounqup

Concerto de música galega.

Camille Hédouin (Nantes, 1986) chega a Galicia en 2011 para instalarse na aldea de Pardavedra (A Bola, Ourense) e formar parte do proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Intégrase rapidamente, aprendendo o galego, idioma que utiliza nas súas composicións xunto ao francés e o inglés, e comezando a desenvolver as súas propias composicións partindo de material obsoleto e instrumentos para nenos.

Desenvolve unha electrónica moi persoal que conecta directamente coa islandesa Björk, pero tamén con Animal Collective, Grace Jones, The Knife ou Tune-Yards. A xente atopa o que quere atopar na miña música. O que escoito non se ten que transmitir tan evidentemente. Hai uns filtros inevitables moi subxectivos que son, primeiro, o meu cerebro e, despois, o cerebro da persoa que escoita o que fago. Tecnicamente calquera tipo de música pódeme ensinar algo, ata Julio Iglesias. Non sabería definir a miña música, hai cousas que me gustan, outras que non e hai cousas que quero expresar, todo mestúrase e sae na música. É unha desorde e estou lonxe de estar satisfeita, así que me espera moito curro comentaba a Xavier Valiño (MondoSonoro Galicia - Castela e León / Outubro 2017). Ela fala de electrónica vogal rural, algúns medios de worldtrónica.

En 2017 gana o IX Certame Musical Fran Pérez Narf" organizado pola Deputación da Coruña, destacando o xurado a súa forza, o ben que comunica, o traballo que hai detrás da creación e a súa condición de proxecto innovador cunha impactante posta en escena.

O seu primeiro traballo é Proba de Son (Molho, 2017), gravado integramente por ela, contando con César o Pana (batería de Belöp) para as mesturas e masterización. Algunhas cancións do disco como Chuvia ou Self sufficiency son incluídas na compilación Deus, Ministerio, Choiva e Poder (Autoplacer, 2017), no que comparte surcos con Drama,  Defunta Calva e  Negrønegrø. Os catro grupos finalistas do Concurso de Maquetas Autoplacer 2016. O disco preséntase como unha colaxe poética que nos conduce por catro paisaxes alternativas, diferentes pero subconectados: Deus, ministerio, choiva e poder? é unha viaxe que transita do pop á electrónica pasando polo synth e o postpunk a través da experimentación de Negrønegrø, a intensidade de Defunta Calva, o ritmo de Mounqup e a hipnosis de Drama.

Un ano despois chega Castro Verdi (Molho, 2018). Un paso adiante na súa carreira que a leva a explorar novas texturas, aventurándose por novos carreiros que a achegan ao jazz, a electrónica con tinguiduras tribais e a experimentación con música incidental.

  • Biscocho by MounQup

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5