Evento: Rock na Rúa: Tonhito de Poi
Rock na Rúa: Tonhito de Poi
Rock na Rúa: Tonhito de Poi
Concerto de rock.
Tonhito de Poi e a súa banda pecharán o Rock na Rúa 2020 na Praza Maior.
A derradeira cita do Rock in Río Tea de este ano será o Venres 18 de Setembro e nos deixará o regusto “Poi Floydiano” do noso querido Tonhito e o seu disco “Non hai onde esconderse”. Cancións inspiradas nas súas viaxes amazónicas vistas dende a súa óptica rockeira. Esta mirada rockeira e combativa gaña posicións cando leva o disco ao directo, e libera toda esa “rasa loba” que non ten onde esconder.
Tonhito é da casa. Un da nosa tribo. Atopou o seu “amazonas” no río Tea, e está desexando sacar a sachadora para repartir estopa. E nós estaremos alí.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto