Evento: Rock na Rúa: Tonhito de Poi

Rock na Rúa: Tonhito de Poi
xoves, 17 setembro, 2020 - 21:00
Praza Maior,
Ponteareas

Rock na Rúa: Tonhito de Poi

Concerto de rock.

Tonhito de Poi e a súa banda pecharán o Rock na Rúa 2020 na Praza Maior.
A derradeira cita do Rock in Río Tea de este ano será o Venres 18 de Setembro e nos deixará o regusto “Poi Floydiano” do noso querido Tonhito e o seu disco “Non hai onde esconderse”. Cancións inspiradas nas súas viaxes amazónicas vistas dende a súa óptica rockeira. Esta mirada rockeira e combativa gaña posicións cando leva o disco ao directo, e libera toda esa “rasa loba” que non ten onde esconder.
Tonhito é da casa. Un da nosa tribo. Atopou o seu “amazonas” no río Tea, e está desexando sacar a sachadora para repartir estopa. E nós estaremos alí.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
Ecoralia a lambona ecolóxica
27 de xullo
Adro de Santa María do Azougue