Evento: Running

Running
sábado, 8 agosto, 2020 - 22:00
Praza do concello,
Gondomar
Comedia a cargo De Ste Xeito

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: Quedamos? Veña si! Pero cando?

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar a tensión, patinaxe artística os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos curmáns. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deber. Deberes e deberes. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deber e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todos os personaxes (20 en total) desta vertixinosa comedia.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | O Fiadeiro
28 de abril
Praza do Convento
Totally Tina
4 de maio
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Danza 3 | Xacarandaina
9 de maio
O Cantón