Evento: 'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.
venres, 10 maio, 2024 - 20:15
Multiúsos de Monforte,
Monforte de Lemos

'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

Poesía, música e narración oral sobre Luísa Villalta

Indóciles é unha peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta.

Poesía, música e narración oral dan a man a unha linguaxe propia para explorar o mundo creativo dunha autora comprometida e versátil. A indocilidade, para elas, está na contundencia do sinxelo, nas palabras, nos silencios, nas presencias, na interrelación entre as tres en escena e co público, na espectacular naturalidade do cotián e do presente. Tamén nos coidados e no activismo social.

Que é ser indócil? Pregúntanse para chegar a unha peza cargada de contundencia. Mónica de Nut é a responsable musical e chega cunha proposta onde a electrónica, voz e pandeira compoñen un repertorio que abana entre a sutileza, o ruído e o silencio, creando un espazo sonoro pasado por filtros, cun traballo vocal e de bases, transmitindo o espírito de Villalta e procurando códigos propios á vez, atopando o empaste perfecto entre música, poesía e oralidade. A poesía escénica corre da man de Nuria Vil, que decide interpelar á autora utilizando un rexistro que resulta achegado á escoita, buscando respostas e o parecer sobre o que lle está a contar a Villalta, intentando traela ao escenario actual da vida. E é Vero Rilo quen nos leva da man da narración oral, despois de revisitar toda a obra dramática e poética de Luísa, deixándose remover polo seu extraordinario Papagaio e fusionando á Margarida coa Ofelia e mesmo Lisis -personaxes femininas da obra de Villalta- facéndoas transitar os camiños das posibles vidas, creando unha narrativa en base á historia de vida ficcionada onde non faltará crítica, amizade, coidados e un arrecendo a flores.

Cunha posta en escena sobria e contida, a sutileza dos movementos escénicos, a forza do discurso, da palabra e o son, constrúen un altar para lembrar e festexar ás vivas e ás mortas nunha eterna indocilidade.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
16 de maio, 18:00
Edificio Social Toñito Espiñeira - Carral - A Coruña
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
17 de maio, 12:00
Campo da feira da Castellana - Aranga - A Coruña
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
18 de maio, 12:00
Rúa Calvo Sotelo - A Estrada - Pontevedra
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
18 de maio, 18:30
Biblioteca Municipal - Muxía - A Coruña