Evento: Orquestra Filharmónica de Pontevedra: Música no Ar

Orquestra Filharmónica de Pontevedra: Música no Ar
domingo, 9 agosto, 2020 - 20:00
Aserradoiro dos Carranos Praia Fluvial Maceira,
Covelo

Orquestra Filharmónica de Pontevedra: Música no Ar

Concerto de música clásica.

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra fixo a súa presentación o día 6 de xuño de 2007. Naceu como un proxecto artístico ambicioso pero tamén pedagóxico, social e humano. Está formada por músicos cunha sólida formación; moitos con traxectorias profesionais xa consolidadas, e outros á procura da madurez artística que só pode proporcionar o contacto directo coa mellor tradición sinfónica. Como colectivo consciente do seu compromiso social, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra converteuse nunha peza importante da engrenaxe da vida musical da cidade e de Galicia. A pesar da súa curta traxectoria profesional, o seu repertorio musical abarca un amplo abanico de diferentes estilos, e sempre colaborando con novos compositores e servindo como plataforma para a estrea de novas obras. Acompañou a solistas de talla internacional como Vicente Alberola, clarinete solista da Orquestra Sinfónica de Madrid; Alessio Allegrini, trompa solista da Orquestra Santa Cecilia de Roma; Frits Damrow, trompeta solista da Royal Concertgebouw; e Esteban Batallán, trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Granada, entre outros. E no ámbito vocal colaborou co Orfeón Terra a Nosa. Recentemente colaborou tamén coa plataforma Musgafol cos que gravaron o seu primeiro CD, sempre baixo a batuta do seu director titular Javier Viceiro-Filgueira.

Vicente Alberola (director)
Realizou os seus estudos con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Anveres, Bélxica, e ao mesmo tempo con George Pieterson (Royal Concertgebouw Orchestra) e Larry Combs (Chicago Symphony Orchestra).
Alberola foi durante máis de 20 anos primeiro clarinete da Ópera de Madrid e a Sinfónica de Galicia. Durante a última década foi primeiro clarinete convidado coa Royal Concertgebow Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre Lles Dissonances e a MMCK Tokyo Orchestra, agrupacións coas que tivo a oportunidade de interpretar o gran repertorio sinfónico baixo a batuta de mestres como Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Gatti, Daniel Harding, Andris Nelsons, Gustavo Dudamel, Alan Gilbert e Nicola Luisotti, entre outros.
Foi director titular da Orquestra 430 Vigo; actualmente dirixe á Orquestra Sinfónica Gurska de Madrid e é director invitado da Ópera de Perm, Rusia. Paralelamente é tamén primeiro clarinete da Mahler Chamber Orchestra e de Lles Dissonances de París.
A súa vocación como director descubriríaa coa Nova Orquestra de Galicia no ano 1996, agrupación da que fose 8 anos director titular. En 2003 foi nomeado director da Nova Orquestra da Ópera de Madrid e en 2007 director da Nova Orquestra de Soria.
Vicent Alberola dirixiu no Teatro Real de Madrid coa Sinfónica de Madrid as seguintes óperas: Rita de G.Donizetti, a Boheme de G.Puccini, Don Giovani de W.A.Mozart, Persephone de I.Stravinsky, O Gato con Botas de X.Montsalvatge, Iolanta de P.I.Tchaikovsky, Macbeth de G.Verdi e máis recentemente LElissir dAmore de G.Donizetti.
Ao mesmo tempo dirixiu varios programas Sinfónicos coa Sinfónica de Madrid no Auditorio Nacional de Madrid, coa Orquestra Excelentia Santa Cecilia de Roma, a orquestra da ópera de Perm, a Nova Orquestra Nacional de España, a Sinfónica de Valladolid, a MMCK de Tokyo e a agrupación Musica Aeterna de Perm, Rusia.

Giorgi Gigashvili (piano)
Nacido en Tiflis (Xeorxia) fai dezaoito anos, foi o gañador do Primeiro Premio do III Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2019), organizado pola Asociación de Música Clásica de Galicia. O xeorxiano seduciu ao xurado polo seu individualidade e por interpretar de forma moi diferente a como o facían os demais. Aos seus 18 anos, era o máis novo dos cinco finalistas. Tras asimilar o recoñecemento, o pianista explicou que destinaría a dotación económica do galardón a facer moitos concertos ao redor do mundo. Pero o que máis ilusión fíxolle non é tanto o premio como o xurado, que estaba presidido polo seu ídolo, a pianista arxentina Martha Argerich.
Gigashvili foi preseleccionado entre os 381 pianistas de 53 países que aspiraban a participar nesta edición do certame. Tocou en primeira rolda xunto a outros 89 de 33 nacionalidades. Rivalizou en semifinais con 23, porque o xurado foi incapaz de reducir a lista aos 20 que estaba previsto debido ao gran nivel dos intérpretes. E saíu vitorioso entre os cinco finalistas. Pugnou con Alim Beisembayev (Kazajistán, 21 anos), Vasyl Kotys (Ucraína, 34 anos), Priscila Navarro (Perú, 24 anos) e Ronaldo Valdés (México, 28 anos).
Gigashvili  tamén gañou o VI Concurso Internacional de Piano de Tiflis e a segunda edición do Concurso Gershwin de Nova York. Actualmente estuda na Escola Central de Música Zakaria. O próximo curso, ademais do seu ingreso no Conservatorio, mergullarase de cheo na interpretación. Conta que o seu soño, é poder chegar a ser un músico famoso. E se iso non pode pasar, pois polo menos poder vivir de tocar, sinala.

  • Orquesta Filharmonica de Pontevedra en el Concierto de Año Nuevo

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5