Evento: Electra

Electra
venres, 31 xullo, 2020 - 22:00
Sala Playa Club,
A Coruña

Electra

Concerto rock.

Kozmic Muffin, Mandrágoras e Ultracuerpos; estes son os nomes dalgúns lendarios grupos do underground coruñés dos anos noventa onde militaron Enrique Otero, Miguel Martínez, Alvaro Dorda e Ramón Alonso, os músicos que, capitaneados por Pablo Rega, agora dan vida a Electra. Con este último poñémonos ao fala para coñecer máis sobre o novo proxecto.

Desde hai anos estás envolvido en proxectos musicais de corte experimental e formatos dispares, Que razóns leváronche agora poñer en marcha unha banda de rock.
A vida. Neste caso coincide co meu regreso despois de case quince anos á  Coruña, a miña cidade natal, no medio de circunstancias persoais especiais. Regresar non foi fácil, fíxome mirar ao pasado, remover cousas e atopei algo que quería contar. Son moi coherente con isto. A linguaxe era obvio, eu empecei na música aquí tocando rock e a banda son músicos de rock da miña quinta.

As cancións seleccionadas para ?Duelos e quebrantos? xa estaban compostas con anterioridade ou foron tomando forma a partir dos ensaios.
Os temas fóronse facendo lentamente coa banda, tes algo que contar pero has de dar coa fórmula. Aprendín a facer cancións outra vez, a tentar ser máis conciso e traballar para un cantante, cousas que cando estiveches tantos anos facendo música instrumental e improvisación esquécenseche. Nunca asumira o papel de letrista, que comparto con Alvaro Dorda neste proxecto, co cal foi unha viaxe longa pero emocionante

  • ELECTRA | A matar [videoclip]

Máis eventos de tipo Concerto

Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal