Evento: A Galiña Turuleca

A Galiña Turuleca
xoves, 21 xullo, 2022 - 22:30
Cantón da Leña,
A Pobra do Caramiñal

A Galiña Turuleca

Proxección da película de animación que tivo a súa preestrea mundial no Festival de cinema de San Sebastián.

A película de animación, que retoma ao personaxe da famosa canción infantil popularizada polos pallasos da tele, chegará aos cinemas este Nadal cunha entrañable historia dirixida por Víctor Monigote e Eduardo Gondell pensada para os máis pequenos, sobre unha galiña cun aspecto peculiar e un don moi especial. Eva Hache pon voz á famosa galiña, mentres que José Mota convértese no malvado Armando Tramas.

A Galiña Turuleca conta a historia de como un ser diferente atopa o seu lugar no mundo e, a partir do seu talento persoal e único, logra vencer os seus medos para iniciar unha aventura que lle permite reencontrarse cos seres que ama.

Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto e a súa imposibilidade para poñer ovos desata as burlas do resto do galiñeiro, ata que un día, Isabel, unha exprofesora de música, lévaa a vivir á súa granxa. Alí, feliz e en harmonía, a galiña descobre o seu gran talento oculto: Turu non só pode falar, senón que canta como xamais oíches cantar a unha galiña!

O talento musical da nosa amiga levaraa a converterse na gran estrela do fascinante Circo Daedalus. Con todo, a súa viaxe non será nada fácil. O circo está ameazado polo malvado Armando Tramas, quen desexa apropiarse da fantástica Turuleca.

 

  • La Gallina Turuleca

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Corazón verde
10 de xuño
Filmoteca de Galicia
Los girasoles
10 de xuño
Filmoteca de Galicia
Los girasoles
11 de xuño
Filmoteca de Galicia
Programa ficción
11 de xuño
Filmoteca de Galicia