Evento: Oliver Dawson Saxon
Oliver Dawson Saxon
A Xira de Oliver Dawson Saxon vén polo 40 aniversario da edición do mítico álbum "Wheels of Steel", que foi o segundo disco que publicou Saxon o 5 de maio de 1980. Un Disco que foi de ouro en Reino Unido, e preto de dous millóns de discos vendidos a nivel mundial. Un disco considerado como un dos mellores traballos da NWOBHM.
Todas as cancións foron escritas por Byford, Quinn, Oliver, Dawson e Gill. E contén cancións que xa son CLÁSICOS na historia do Heavy Metal; "747 (Strangers in the Night)", "Motorcycle Man", "Wheels of Steel", "Suzie Hold On"...
40 anos cumpre este disco! que mellor que celebralo escoitándoo íntegro nun escenario e con Oliver/Dawson Saxon, banda dos míticos músicos que gravaron esta obra de arte; Graham Oliver e Steve Dawson.
A banda convidada será 100 Mentiras.
Máis eventos de tipo Concerto