Evento: As bibliotecarias contan: Un becho estraño
As bibliotecarias contan: Un becho estraño
As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.
"Un becho estraño", un conto de Mon Daporta, ilustrado por Oscar Villán publicado pola editorial Kalandraka.
Un becho estraño é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo.
Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo "xogo" que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto... Mira que mira mirando, atopei un becho estraño...
A cita será todos os venres ás 11:00 no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna e na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan