Evento: XII Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera

  • XII Ciclo de Música de San Martín de Barcia de Mera
XII Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera
sábado, 19 setembro, 2020 - 20:30
Iglesia de San Martín de Barcia de Mera
, Covelo

XII Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera

Ciclo de concertos de composicións clásicas e relixiosas

O Ciclo de Música de San Martín de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa duodécima edición adaptado á actual situación sanitaria, ofrecerá amplo programa de música clásica que se desenvolverá ata o mes de setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello pontevedrés de Covelo.

Trátase dun ciclo de concertos que permite converter o templo de Barcia de Mera nun punto de encontro para os afeccionados á música clásica, pero tamén favorece que outra xente poida realizar un primeiro achegamento a estas obras, ás que non sempre foi fácil o acceso.

Concretamente, a edición conta con seis concertos que se celebrarán ao longo de catro meses e que contan coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo. Así, o primeiro recital correu a cargo do Trío Schubert que interpretou pezas dos compositores Franz Schubert e Ludwig van Beethoven. Continuarase o 11 de xullo con Atlantic Mozart Flute Quaret e, o día 18, co Dúo Basso alla Moda. Xa en agosto actuarán na igrexa de Barcia de Mera o Cuarteto Claretino (día 15) e o grupo Vox Stellae con O Caso Aleotti. Os encargados de clausurar o ciclo, o 19 de setembro, serán o Trío Contreras.

Máis eventos de tipo Concerto

Abono Festival Elas Son Artistas
3 de xullo a 11 de decembro
Varios Recintos
Vigo, un mar de bandas
22 de agosto a 27 de setembro
Varios espazos
Galicia Emerxe
1 de setembro a 30 de setembro
Museo Centro Gaiás
Faíscas da Pontraga
21 de setembro
Vilouchada