Evento: O Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín
domingo, 18 xullo, 2021 - 23:00
Xinzo de Limia,
Xinzo de Limia

O Sonoro Maxín

Concerto de Reggae.

Premio Martín Códax 2017 na categoría de Reggae, ska e mestizaxe

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.

  • O Sonoro Maxín - "ASÍ SE CONSTRÚE UNHA BOMBA"

Máis eventos de tipo Concerto

Maricarme
4 de maio
Arca da Noe
Lode
4 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Taibo
8 de maio
Rúa Nova, 22
Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5