Evento: Festival TerraCeo: Uxía e Javier Ruibal/ Antonio Zambujo

Festival TerraCeo: Uxía e Javier Ruibal/ Antonio Zambujo
sábado, 8 agosto, 2020 - 20:30
Terraza Auditorio Mar de Vigo,
Vigo

Festival TerraCeo: Uxía e Javier Ruibal/ Antonio Zambujo

Concerto de música galega.

Uxía, referente da música galega, e Javier Ruibal, un dos cantautores españois máis destacados, presentan un concerto en formato intimista no que convidan a transitar polas sonoridades do flamenco, a música do Magreb e as músicas galegas e lusófonas nunha mestizaxe única. Norte e sur tecendo ritmos e melodías, con composicións propias e ecos de Lorca, Alberti ou Rosalía.

Os dous admíranse mutuamente, teñen unha complicidade que vén de lonxe e posúen en común o rigor e a experimentación, a tradición popular e o compromiso coa súa renovación. Un espectáculo de fusión de músicas e sangues no que estarán acompañados polo virtuoso multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus e o guitarrista flamenco Marcos Teira.

António Zambujo, recoñecido renovador do fado e un dos artistas portugueses con máis proxección internacional da actualidade, volve a Vigo para ofrecer un concerto con fados tradicións e outros temas do seu repertorio nun formato intimista, acompañado unicamente pola súa guitarra.

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
7 de agosto
Museo do Viño de Galicia
Festicultura o mellor para perder a cordura
8 de agosto
Área recreativa A Roxica