Evento: Catas sonoras

Catas sonoras
xoves, 7 agosto, 2025 - 21:00
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

Catas sonoras

Oportunidade para gozar de música e catas de viño na terraza exterior do museo

Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...

A música desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente.

Jeff Espinoza é cantante, guitarrista e compositor de Los Ángeles. Chega a España co seu grupo californiano No Justice. Publicou tres discos co guitarrista Javier Vargas.

Gaby Jogeix é un dos artistas de blues nacional más recoñecidos, con tres álbums editados.

Ao longo do verán, o resto do programa é o seguinte:

- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.

- xoves 10 de xullo: Jimmy Barnatán.

- xoves 21 de agosto: Ángeles Dorrio

- xoves 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco

 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense