Evento: Xuventude Crea: Sara Gimeno + Lontras

Xuventude Crea: Sara Gimeno + Lontras
venres, 8 agosto, 2025 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Xuventude Crea: Sara Gimeno + Lontras

Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical div...

Como xa é tradición, o escenario de Atardecer no Gaiás acollerá as propostas gañadoras na modalidade de música do certame Xuventude Crea 2024, co que a Xunta de Galicia premia o talento creativo máis novo. O R&B da canguesa Sara Gimeno, que levou o primeiro cos temas Quérote e Dans les rues de Bordeaux; e a fusión de jazz e indietrónica de Lontras (2º premio con Sangue no canal e Peixe no millo) actuarán na praza central.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5