Evento: Oportunidades de emprego e prácticas profesionais na Unión Europea
Oportunidades de emprego e prácticas profesionais na Unión Europea
Máis de 40.000 persoas traballan nas institucións, organismos e axencias da Unión da UE. Anualmente, convócanse oposicións co fin de seleccionar persoal para ocupar postos de distintas categorías. Ademais destes empregados fixos, a UE tamén emprega axentes contractuais e temporais. Ao mesmo tempo, existe a posibilidade de realizar prácticas para estudantes e titulados universitarios nas súas institucións, organismos e axencias, co obxectivo de familiarizarse coa administración comunitaria, aumentar a cualificación profesional ou complementar os seus estudos académicos. Por último, a Fundación Galicia Europa convoca cada ano unha convocatoria de prácticas nas súas dúas oficinas en Bruxelas e Santiago de Compostela.
O webinar terá unha duración aproximada dunha hora e contará coa participación da Unidade de Apoio á Presenza de Españois nas Institucións da Unión Europea da Representación Permanente de España á UE (UDA-REPER), así como de galegos que traballan actualmente nas institucións europeas.
Programa
Apertura a cargo da Fundación Galicia Europa
Presentación de oportunidades de traballo e prácticas por parte do UDA-REPER
Experiencias de galegos nas institucións comunitarias