Evento: Corentena

Corentena
martes, 2 xuño, 2020 a domingo, 5 xullo, 2020
Pazo de Exposicións Torrado,
Cambados

Corentena

Exposición colectiva de artistas cambadeses.

Corentena é unha exposición colectiva pensada como un encontro ou reencontro de artistas cambadeses que residen na vila, mostrando no seu traballo a súa visión persoal desta situación.

Vinte e catro persoas que optan pola creatividade como evasión, reflexión ou expresión, expoñen o seu traballo conxuntamente nesta primeira saída a esta nova realidade: Annika Álvarez, Fernando Arenaz, Eduardo Baamonde, Adrián Baúlde, Manolo Busto, Mon Costa, Tino Chaves, Xurxo Durán, Guillermo Charlín, Jesús Gómez, Juan Fernando de Laiglesia, Brígida Leiro, Miguel Martínez Suárez “Chiño”, Emérita Méndez, Martina Miser, Carlos O. Oubiña, Xan Paz, Luís Pazos, Moncho Pazos, Miguel Pérez Ramudo, Mariña Portas, Iria Ribadomar, Lino Silva e Alberto Sineiro. Como se soe dicir, non están todos os que son pero son todos os que están.

Poderemos ver paisaxes baleiras propias dunha novela futurista, recunchos deshumanizados, lembranzas das praias ateigadas de bañistas, secas de mariscadoras incansables, bodegóns de instantes conxelados polo tempo, imaxes da melancolía, autorretratos da soidade, mitoloxías con ensinanzas esquecidas, pero tamén fiestras de esperanza.

Varias xeracións, varias visións da arte, distintas inquedanzas, coñecementos e experiencias reúnense aquí, no EsPazo Torrado para o público cambadés e todo aquel que se atreva, poida ou queira achegarse á vila cambadesa e subir polo empedrado patín de entrada.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións