Evento: #Cómicamente by Ourenseiccweek- David Amor, Sergio Pazos e Ledicia Sola.
#Cómicamente by Ourenseiccweek- David Amor, Sergio Pazos e Ledicia Sola.
Tres monstros da comedia veñen verche:
O das patillas, o das mans grandes e a de Vivir sen permiso, ou o que é o mesmo, Sergio Pazos, David Amor e Ledicia Sola.
O humor de tres grandes cómicos e actores galegos presente na Rúa (Valdeorras), da man da Semana das Industrias Culturais e Creativas, co espectáculo #COMICAMENTE, que se suma á programación da Ourense ICC Week, levando tamén as súas actividades culturais e de lecer a localidades da provincia.
Sergio Pazos, David Amor e Ledicia Sola son os protagonistas desta cita co humor. Os tres reúnense neste espectáculo creado por Etiqueta Negra Producións para a ICC Week e xuntos trasladarannos aos tempos do apoxeo dos monólogos, ao máis puro estilo da caseta up comedy. Para os fans deste tipo de espectáculos é unha cita imprescindible, xa que condensa o mellor dos seus tres protagonistas.