Evento: Museo do Mar de Galicia: Galicia Mare Nostrum
Museo do Mar de Galicia: Galicia Mare Nostrum
Nesta exposición os asistentes poderán facer unha viaxe pola historia da costa galega desde a prehistoria ata a idade contemporánea, tanto por terra como por mar; viaxando por xacementos costeiros a través dos materiais neles atopados. Ademais, coñeceranse as relacións con outras culturas grazas ás pezas que nos deixaron e tamén terán a oportunidade de mergullarse no fondo do mar para coñecer algúns dos pecios afundidos nas nosas costas e os seus tesouros.
Entre as máis de 700 pezas que se mostran poderán ver elementos como as ferramentas humanas máis antigas de Galicia, un conxunto de espadas da Idade do Bronce, un enterramento romano completo, o xa coñecido Ungüentario Bizantino, canóns, xoias do S. XIX e outras moitas pezas únicas non vistas ata o momento.