Evento: Museo de Belas Artes de A Coruña
Museo de Belas Artes de A Coruña
A vontade de facer un museo de arte na Coruña xorde a finais do século XIX, aínda que non se creou ata 1922 e non abriu ao público ata 1947. Despois de varias localizacións provisionais, en 1995 inaugurouse no actual edificio de nova planta, obra do arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto. Situado no ver solar do convento das Capuchinas, parte do antigo edificio do século XVIII feito por Fernando Casares e Novoa.
O museo expón pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A súa colección pictórica conserva obras desde o século XVI ata a actualidade e nela están representados importantes artistas galegos como Sotomayor, Colmeiro, Laxeiro ou Seoane, pero tamén creacións de artistas como Arellano, Rubens, Carducho ou Frans Francken. Destacan entre as súas coleccións a de gravados de Goya e a de louza da fábrica de Sargadelos. Nas últimas décadas o programa de adquisicións do museo tratou de completar a visión da arte galego desde o XIX ata os nosos días.
O museo posúe seis salgas de exposición permanente distribuídas en tres plantas que acollen a colección de pintura, escultura e artes decorativas. Dúas salas no recuperado convento das capuchinas acollen as coleccións de gravados de Goya e de cerámica de Sargadelos. A sala de exposición temporal de máis de 300m² distribúese en dúas plantas, preparada para acoller obras de arte de formato moi diverso.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro