Evento: Emma Pollock

Emma Pollock
mércores, 29 abril, 2020 - 20:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Emma Pollock

Concerto da cantante escocesa por streaming organizado por Estrella Galicia

A cantante e guitarrista escocesa Emma Pollock foi membro fundador de «The Delgados», formación á que pertenceu ata a súa desaparición en 2005. Lanzou o seu primeiro álbum en solitario «Watch the Fireworks» en 2007, seguido de «The Law of Large Numbers» en 2010.

Unha traxectoria que alcanza agora a súa terceira entrega «In Search Of Harperfield», un disco que evolucionou desde os seus comezos de música indie cara a novas perspectivas musicais .

Se no seu último disco apostaba por   un pop sinxelo, Emma Pollock achéganos agora un estalido de violíns, piano, sintetizador, e guitarras con orquestracións minuciosas. Deixando ao carón as baladas almibaradas, achega un toque máis animado, cheo de esperanza e un sentido feminino nun pop orquestral e optimista.

  • Emma Pollock - Adrenaline

Máis eventos de tipo Concerto

Charanga Bicoia
2 de agosto
Feira de Gontán
Familia Caamagno
2 de agosto
Parque da Hortiña. Limodre
Concerto
2 de agosto
Praza do Toural
O mellor e o peor dos 80 e 90
2 de agosto
Praza do Camiño