Evento: Grilo en concerto

Grilo en concerto
venres, 20 novembro, 2020 - 23:30
Clavicémbalo
, Lugo

Grilo en concerto

Presentación do seu traballo "Dálle Lume"

GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián (guitarra e voz, Miguel (batería)  e Alberte(baixo e coros)

En novembro de 2018 publicaron Criminal, o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. Rebelión, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega.

Agora presentan Dálle Lume, un esperado LP conformado por nove cancións en lingua galega e letras potentes e reivindicativas que o grupo leva aos directos dunha maneira coidada, sorprendente, impactante e con grandes doses de adrenalina como xa nos teñen acostumados/as.

Que ardan os palcos!

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Lesuit e banda
5 de xullo, 20:00
Naútico
Tor en concerto
5 de xullo, 22:00
Arca da Noe
Inés Carreño en concerto
7 de xullo, 21:30
Borriquita de Belém
Tor en concerto
9 de xullo, 21:00
Aturuxo