Evento: IV Hackathon Big Data y Analytics
IV Hackathon Big Data y Analytics
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology, fiel ao seu compromiso de potenciación e desenvolvemento do sector TIC galego, convoca o IV Hackathon Big Data & Analytics, que terá lugar os días 6 e 7 de marzo, nas súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
Este evento ten como obxectivo reunir a equipos formados por analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes no ámbito de Intelixencia artificial, Big Data e Analytics co fin de elaborar unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto exposto inicialmente.
En Galicia, a información meteorolóxica e do medio mariño sempre é relevante. E pasa a ser imprescindible cando algunha actividade está condicionada polo estado da atmosfera ou do océano. Desta importancia son conscientes os profesionais do mar, os afeccionados aos deportes acuáticos e mesmo calquera persoa que queira desenvolver unha actividade ao aire libre: desde saír a pasear a buscar unha praia para ir tomar o sol. Nas últimas décadas está a producirse un cambio climático que modificará as condicións actuais e afectará globalmente os hábitos cotiáns.
Esta edición do Hackathon expón o reto de crear ferramentas de apoio para a toma de decisións para que, diferentes perfís de usuarios, poidan levar a cabo as súas actividades nas condicións máis favorables. Para iso, as ferramentas deben ter en conta as variacións esperadas, nos parámetros atmosféricos e marítimos, debidas ao cambio climático. Como potenciais usuarios das ferramentas que os participantes expoñan, propoñemos os seguintes perfís:
-Pesca e marisqueo profesional
-Pesca recreativa
-Práctica de deportes acuáticos: surf, ver, natación?
-Lecer
As fontes de datos, proporcionadas por Intecmar e Meteogalicia, e a forma de acceso aos mesmos proporcionaranse aos participantes cando realicen o rexistro.
Visítanos en http://hackathon-cein.com/