Evento: Colección Fundación DIDAC
Colección Fundación DIDAC
sábado, 8 febreiro, 2020 a domingo, 12 abril, 2020
Rúa de Pérez Constanti, 12,
Santiago de Compostela Colección Fundación DIDAC
A Colección Fundación DIDAC é un legado en construción que nace coa misión de proxectar o deseño e a arte contemporánea. Coa intención de xerar un mapa visual e documental do ocorrido fundamentalmente desde os ...
A Colección Fundación DIDAC é un legado en construción que nace coa misión de proxectar o deseño e a arte contemporánea. Coa intención de xerar un mapa visual e documental do ocorrido fundamentalmente desde os anos setenta ata hoxe, esta colección reúne, ademais de obras de arte e obxectos de deseño, catálogos e libros de artista, revistas e carteis, informacións primarias e todo tipo de material que contribúe ao estudo do deseño e a arte contemporánea en Galicia. Para iso compleméntase con pezas de artistas e deseñadores nacionais e internacionais que axudan á contextualización deste legado ao tempo que permiten expandir o relato e xerar conexións.