Evento: Encontro ‘Atlantic Emprende + Gaiás’

  • Brett Anderson, vocalista Suede
  • Alba Barneda, axencia catalá CANADA
  • Javier Mariscal, deseñador
Encontro ‘Atlantic Emprende + Gaiás’
mércores, 29 xaneiro, 2020 a sábado, 29 febreiro, 2020
Santiago de Compostela

Encontro ‘Atlantic Emprende + Gaiás’

Por terceiro ano consecutivo será un espazo para o debate e a formación na industria musical

A Xunta de Galicia promove 'Atlantic Emprende + Gaiás' abrindo, por terceiro ano consecutivo, un espazo para o encontro, o debate e a formación de profesionais, estudantes, emprendedores e empresas da industria musical. O evento abrirá cun faladoiro con Brett Anderson –vocalista da banda británica Suede­–, ao que seguirán as conferencias do deseñador Javier Mariscal e Alba Barneda, a directora de produción de CANADA, a axencia barcelonesa da que saíron icónicos videoclips musicais como o Malamente de Rosalía.

O evento 'Atlantic Emprende + Gaiás' forma parte da programación que impulsa a Cidade da Cultura para promover a cultura emprendedora no eido das industrias creativas galegas. Ofrece a oportunidade de escoitar a figuras de primeiro nivel do sector, tanto do eido creativo como empresarial. Xa se pode retirar a entrada para asistir ao encontro, organizado en colaboración co Festival Atlantic Fest,  a un prezo de 10 euros (12 en billeteira) e a través da web da Cidade da Cultura ou atlanticfest.com/emprende.

 

PROGRAMA 29 DE FEBREIRO

17:00h Brett Anderson, vocalista de Suede

‘Tardes de persianas baixadas’

Conducida polo xornalista e presentador de TV, Johann Wald

 

18:00h Alba Barneda, axencia CANADA

‘Creativos de nova xeración. O poder da imaxe na música ou na publicidade’

 

19:00h Javier mariscal deseñador

‘Fascinar, sorprender, convencer’

 

O 'Atlantic Emprende + Gaiás' enmárcase na programación do Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura, espazo que, ao longo de todo o ano, desenvolve diferentes actividades dirixidas a promover a cultura emprendedora na Comunidade.

 

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense