Evento: Actividades Día da Ilustración 2020 en Ourense

  • Programa Día da Ilustración 2020 na RBG
Actividades Día da Ilustración 2020 en Ourense
mércores, 8 xaneiro, 2020 a venres, 31 xaneiro, 2020
Biblioteca pública de Ourense,
Ourense

Actividades Día da Ilustración 2020 en Ourense

A EASD Antonio Faílde acolle unha charla sobre o ilustrador Cándido Fernández Mazas

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O protagonista deste 2020 é Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo “Os Novos” (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, da art decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.

 

As bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cun completo programa de actividades nas bibliotecas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

 

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 

 

ACTIVIDADES DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020 EN OURENSE

Biblioteca pública de Ourense

Obradoiro de ilustración: Expresa o teu mundo imaxinario

Con Fatiropina

De 6 a 12 anos
30 de xaneiro ás 18:00
Inscricións no teléfono 988 788 386

 

 

Encontro co ilustrador Pablo Otero

Con Pablo Otero

Para rapaces e rapazas de máis de 14 anos
30 de xaneiro ás 19:00

 

 

Mostra: Os grandes ilustradores

Do 8 ao 31 de xaneiro

 

 

EASD Antonio Faílde

Cándido Fernández Mazas: Vida e obra

Con José Manuel Bouzas

29 de xaneiro ás 12:00

 

 

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
LETRAS ... Galegas
5 de maio a 30 de maio
Biblioteca Pública de Ourense