Evento: Actividades Día da Ilustración 2020 en Ourense
Actividades Día da Ilustración 2020 en Ourense
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O protagonista deste 2020 é Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo “Os Novos” (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, da art decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.
As bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cun completo programa de actividades nas bibliotecas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
ACTIVIDADES DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020 EN OURENSE
Biblioteca pública de Ourense
Obradoiro de ilustración: Expresa o teu mundo imaxinario
Con Fatiropina
De 6 a 12 anos
30 de xaneiro ás 18:00
Inscricións no teléfono 988 788 386
Encontro co ilustrador Pablo Otero
Con Pablo Otero
Para rapaces e rapazas de máis de 14 anos
30 de xaneiro ás 19:00
Mostra: Os grandes ilustradores
Do 8 ao 31 de xaneiro
EASD Antonio Faílde
Cándido Fernández Mazas: Vida e obra
29 de xaneiro ás 12:00
Máis eventos de tipo Outras actividades