Evento: Trogloditas

Trogloditas
domingo, 26 xaneiro, 2020 - 18:30
Auditorio municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo familiar da compañía Tanxarina

Actores manipuladores: Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a cova, onde asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos.

Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense