Evento: O Candil

O Candil
venres, 24 xaneiro, 2020 - 21:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo da Escola Galega de Teatro Musical

A “Escola Galega de Teatro Musical”, centra a atención no teatro musical, para facer máis produtiva a industria cultural galega. Analizando o éxito actual do teatro musical en España, preferido por máis dun cuarto do público (porcentaxe en alza), crea “O Candil”, un musical 100% galego. 

A obra “O Candil”, xira arredor do cancioneiro galego. Sabidas por todos, as cancións de comezo do século XX, agochan grandes historias do momento, e pasarán a converterse nun Jukebox (musical de temas existentes) integramente galego. “O Candil”, como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global. Estamos en 1918, o fin da Gran Guerra deixa a Europa en ruínas. O mundo cambia, a reflexión sobre os erros do pasado revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino... A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan. Chega o momento de falar desa cidade moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.

Carmen, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta, ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmen e Marica acaban aceptando, case perdendo de vista, o propósito oculto que as levou ó teatro.

 

Dirección: Rosa Puga Davila e Sara Fandiño

Tareixa Cambeiro: Marica _ Marica Chus Chus

Sara Fandiño: Elvira Andeira- A Lavandeira

 Lucía Sá: Carmela – A Perricholi

Lucas López López -  Lolito (Pianista)

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Mulleres que viven soas
16 de maio, 20:30
Casa da cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Cortello de Amor
16 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Tromsø
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cancións amarelas, flores tristes
16 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña